29 may 2013

O presidente da Xunta inverte agride á oposición coa conivencia da presidenta do Parlamento

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) denuncia o comportamento nas súas comparecencias parlamentarias do presidente da Xunta, quen inverte os roles, non responde ás preguntas, e agride e descualifica á oposición por exercer as súas funcións. A Presidencia da Cámara, no entanto, nunca o chama á cuestión nin, de ser o caso, á orde.
Pleno após pleno, a presidenta do Parlamento coarta sistematicamente os dereitos da oposición e non é quen de cumprir as funcións arbitrais do seu cargo. Esta mañá, unha vez máis, Pilar Rojo deu un recital de como non levar un debate na Cámara e de como, no canto de exercer a imparcialidade, converterse nun axente ao servizo do Partido Popular. As chamadas á orde aos parlamentarios da oposición sucédense de maneira arbitraria. Mentres, nas bancadas da dereita, ateigada de hooligans que patean os escanos cada vez que un deputado de AGE, PSdeG ou Bloque exerce a crítica á Xunta, todo transcorre sen que Rojo as chame á orde. Hoxe, ademais e de maneira totalmente unilateral, a presidenta do Parlamento decidiu expulsar á deputada de Alternativa Chelo Martínez e volveu amosar a súa absoluta falta de imparcialidade e as diferentes vara de medir que emprega ante o grupo que apoia ao Goberno e os grupos que non o fan.

28 may 2013

Xosé Manuel Beiras denuncia “as aventuras demenciais” en que se embarcaron as caixas e “a fraude sen control” das preferentes

O portavoz de Alternativa Galega de Esquerda equipara as normas do Goberno de Rajoy cun imaxinario apoio aos gangsters no Chicago dos anos vinte e trinta

As denominadas participacións preferentes, unha estafa organizada por bancos e caixas e posibilitada pola lasitude ética do neoliberalismo que afecta a 85.000 persoas en Galicia, foron “unha fraude sen control ningún”. Así o expresou o portavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Xosé Manuel Beiras, quen se preguntou “onde estaba daquela o Banco de España, cando comezou este crime social na época do que o chorado Sampedro chamaba o aznarato”. AGE apoiou cos seus votos unha proposición de lei do BNG para garantir a devolución íntegra do valor nominal das participacións, finalmente respaldada por toda a Cámara.

O grupo local de Anova de Meaño denuncia a inseguridade da nova rotonda en A Chanca


Anova Meaño apoia as queixas veciñais sobre a rotonda da Chanca no tramo da PO-550 no paso por Dena, que despois de 10 meses de obras interumpidas en varias ocasións o resultado fora tan lamentable, xa que a rontonda ademais de ser estreita esta desaliniada coa propia calzada facendo asi perigoso o transito da circulación, xa que é un treito con unha densidade de trafico moi importante xa que une as poboacións de Vilalonga con Dena, na que xa anteriormente as obras había un alto indicie de siniestralidade e ditas obras non melloraran a seguridade dos conductores e peóns, sinon que aumentaran o risco de acidentes nesta rotonda. Dende Anova Meaño esiximos que o concello valore as queixas dos veciños sobre esta polemica rotonda antes de que lamentemos danos persoais e materiais, e axilice os tramites para que os veciños afectados polas expropiacóns poidan cobrar o antes posible sin ter que esperar moitos anos.

27 may 2013

Fracaso histórico da Xunta ao non evitar que Alimentos Lácteos entrase en concurso de acreedores

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) quere manifestar a súa solidariedade cos traballadores e traballadoras de Alimentos Lácteos S.A. que hoxe entrará en concurso de acreedores despois de moitos meses nos que se lle esixiu a Xunta de Galicia que fixera fronte a súa responsabilidade xa que nesta empresa investiuse máis de 9 millóns de euros dos fondos públicos e agora deixase caer sen facer nada por evitalo.


O deputado de AGE, Antón Sánchez, lembra que son máis de mil os gandeiros aos que se lles deben cartos con débedas millonarias. Así mesmo, a entrada en concurso de acreedores deixará sen traballo a 81 traballadores e traballadoras no que se traduce nun fracaso histórico para o sector que fará moi difícil a creación dun novo grupo lácteo galego cando o problema real xurdiu na propia creación de Alimentos Lácteos cunha mala planificación e xestión que condenaba ao fracaso o proxecto desde os seus orixes.
Unha vez máis a Xunta de Galicia, coa súa inacción, amosa a súa insolidariedade cos galegos e galegas e manifesta as súas prioridades que están moi lonxe de loitar polos dereitos do noso país e por traballar por que Galicia teña un futuro sostible e moito máis preto de garantir, sen importar o custe, os beneficios das grandes empresas.

AGE solicita ao Parlamento o informe do delegado do Goberno sobre a represión ás traballadoras de Cuca

  Alternativa Galega de Esquerda (AGE), a través do seu deputado Juan Fajardo, solicitou o informe que o delegado do Goberno se comprometeu a remitir ao Parlamento sobre a brutal represión da Policía Nacional ás traballadoras de conservas Cuca, en Vilaxoán. “Non é de recibo tal brutalidade”, denuncia de novo Fajardo. Os sucesos ocorreron o mes pasado, cando axentes denominados antidisturbios ocuparon o casco urbano de Vilaxoán á altas horas da noite para escoltar o empresario de Cuca, quen desmantelou a maquinaria da factoría malia se atopar o conflito baixo proceso xudicial. O portavoz de Anova, Xosé Manuel Beiras, e máis o parlamentario Fajardo entrevistáronse daquela con Samuel Juárez, delegado do Goberno. Este prometeu remitir un informe sobre o sucedido ao Parlamento de Galicia. Ese é o documento que AGE agora reclama.


23 may 2013

Ao Partido Popular non lle importan nin os veciños, nin a súa saúde, nin o seu acceso a un ben básico como é a auga potábel

Alternativa Galega de Esquerda esixe a demolición do encoro do Umia, ao que se nega un PP que frivoliza co tema. O deputado Juan Fajardo denuncia que a infraestrutura non garante nin parar as enchentes do río nin a auga potábel e alerta de que as crises por microcistite poden volver producirse. 


Ao Partido Popular non lle importan nin os veciños, nin a súa saúde, nin o seu acceso a un ben básico como é a auga potábel. Volveuno demostrar esta mañá cando se negou a apoiar unha proposición non de lei de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) que, respaldada polo BNG tras unha transacción, esixía demolición do encoro do río Umia. “Nin garante que non haxa enchentes nin garante a auga potábel aos habitantes da zona”, denunciou o deputado Juan Fajardo, “e as crises pola microcistite poden volver producirse”. Hai sete anos que a superficie da auga do encoro tínxese de verde por mor desta alga tóxica que prolifera en augas encoradas.

22 may 2013

O PP leva unha década enganando aos veciños e veciñas do Salnés

Alternativa Galega de Esquerda denuncia os enganos do PP durante toda unha década relativos á ampliación do hospital do Salnés.

O 21 de decembro de 2010Feijoo comprometeuse
 en Vilagarcia a licitar a ampliación do Hospital do Salnés
 "nas proximas semanas" (preme aqui). Tres anos despois
o Hospital segue do mesmo tamaño que entón
Alternativa Galega de Esquerda (AGE) denunciou a estratexia de engano que mantén o Partido Popular desde hai máis dunha década no que ano tras ano comprométese a ampliación do hospital do Salnés sen chegar nunca a nin tan sequera iniciar as obras nin existir un proxecto. “O proxecto de ampliación do hospital debeu pasar pola trituradora como os contratos de Marcial Dorado” ironizou o deputado de AGE, Juan Manuel Fajardo.
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, unha vez máis incumpre coa palabra dada aos veciños e veciñas do noso país e continúa instalado no engano e na inacción sen resolver os problemas de Galicia. Así mesmo, Alternativa Galega de Esquerda considera que os constantes compromisos anunciados por parte da deputada do grupo parlamentar do PPdeG, Marta Rodríguez Arias, anunciando partidas orzamentarias para a ampliación que nunca rematan por se executar, inhabilitan directamente a esta deputada para se considerar representante dos veciños e veciñas de Vilagarcía.
Alternativa Galega de Esquerda considera inaceptable que o PP se escude a día de hoxe na existencia de catro recursos contra esta obra sen aportar nin un só datos sobre a procedencia destes recursos nin as cuestións polas que se opoñen á ampliación. Ante a inoperancia do PP e as súas continúas mentiras, Alternativa Galega de Esquerda esixe a inmediata ampliación do hospital do Salnés que solucione a precaria situación na que se atopa na actualidade que se ve agravado na tempada estival co aumento de poboación nesta zona durante os meses de verán mentres que no hospital se resposta pechando camas.

21 may 2013

Beiras afirma que só “a xente en pé de guerra cívica” será quen de rematar coas agresións do poder

"O Partido Popular, co seu comportamento, xoga a desacreditar aínda máis do que xa está o rol do Parlamento", denunciou esta mañá, tras a Xunta de Portavoces dos grupos con representación no Hórreo, Xosé Manuel Beiras, "xoga a convertelo nun recinto amurallado sen ningunha relación co que acontece na realidade".
Para o portavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), o partido de Alberto Núñez Feijóo non fai outra cousa ca "marear a perdiz" e perder o tempo con cuestións burocráticas e de protocolos. Mentres, na rúa, a cidadanía do común, as clases traballadoras, sofren as consecuencias materiais terríbeis dunhas políticas

16 may 2013

A Xunta de Galicia non respecta a nosa lingua nin os dereitos laborais do profesorado dos Celga


   Alternativa Galega de Esquerda (AGE) amosou o seu apoio ás reivindicacións dos traballadores e traballadoras dos cursos de certificación en lingua galega ‘Celga’ que denunciaron esta mañá en rolda de prensa o absoluto fracaso do proceso normalizador da lingua galega por parte da Xunta de Galicia. Os portavoces do colectivo, Lorena López e Anxo Otero, acompañados ddos deputados dos tres grupos parlamentares na oposición ( Ramón Vázquez por AGE, Vicente Docasar por PSdeG e Ana Pontón polo BNG), dos sindicatos (CIG, CUT e STEGA), da Mesa Pola Normalización e a Coordinadora de traballadores da Normalización da Lingua, o colectivo de profesores puxo de manifesto a precaria situación laboral na que se atopan sen contrato, nin seguro, nin seguridade de se van ter ou non traballo entre outras moitas cuestións.

   A Secretaría Xeral de Política Lingüística está a someter a medio millar de profesores e profesoras inscritos nas listas de contratación a unha insostible situación de precariedade pola que non saben cando van comezar a traballar, canto van a cobrar ou cando van a recibir o salario. Por todos isto, esixen a creación

15 may 2013

Os embustes de Feijóo sobre a súa relación con Marcial Dorado non teñen límite


Alberto Núñez Feijóo segue sen ofrecer explicacións a fondo da súa amizade co contrabandista e narcotraficante Marcial Dorado nin dos contratos da trama empresarial deste coa Xunta de Galicia. A unha nova pregunta da viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Yolanda Díaz, na sesión de control do Parlamento, o presidente da Xunta negouse a responder e faltou ao respecto desas institucións que tanto di defender. “Vai entregar vostede os contratos con ese entramado empresarial que tan ben coñece? Porque queremos os contratos e non esa trapallada de relación de pagos nun documento de word que nos deu”, afirmou Díaz. Por resposta, Feijóo deu unha nova virada ao esperpéntico relato co que intenta xustificar as súas amizades perigosas e asegurou, un mes e medio despois de que o escándalo saíse na prensa, que eses contratos non existe porque a Xunta os destrúe pasados dez anos.

Non foi o único embuste, que parecen non ter límites, do xefe do Executivo galego. “Vostede mentiu cando dixo que non sabía a que se dedicaba Marcial Dorado e que llo preguntou ao seu amigo Manuel Cruz”, interrogou a viceportavoz de Alternativa, “pero vostede si sabía quen era Cruz, un guerrilleiro de Cristo Rey, que andaba con pistola, un conseguidor para o PP ás ordes de Romay Beccaría”. O único que atinou a afirmar Feijóo foi a, nunha perversa prostitución da linguaxe, chamar “violentos” aos deputados de AGE e pedir, con esa solemnidade impostada que é o único que parece dominar, desculpas a Galicia “pola coalición electoral de AGE”. Para Yolanda Díaz e o grupo parlamentario de Alternativa, só existe unha saída e así o expuxeron no hemiciclo: “Vostede non é limpo nin honesto, porque minte aos galegos reiteradamente e ten amizades perigosas, só lle queda dimitir e que corra a lista do PP”.

14 may 2013

Xosé Manuel Beiras acusa á Xunta de considerar superfluos os cidadáns “mentres non se converten en súbditos”



Xosé Manuel Beiras acusa á Xunta de considerar superfluos os cidadáns “mentres non se converten en súbditos”. O portavoz de Alternativa Galega de Esquerda denuncia que a conselleira de Facenda “ten o mérito dos computadores, métenlle o programa e recítao sen importarlle o que acontece”

A conselleira de Facenda, Elena Muñoz, realizou unha inocua comparecencia no Parlamento de Galicia para, teoricamente, explicar as liñas de traballo do seu departamento. Pero o que expuxo foi unha serie de lugares comúns do ultraliberalismo, o sometemento da Xunta ao débedocracia e aos mandados da troika e unha brutal insensibilidade respecto do sufrimento e a dor que as súas políticas causan nas maiorías sociais. “O que acontece é que para vostedes os cidadáns son superfluos”, acusou Xosé Manuel Beiras, portavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), “polo menos mentres non sen converten en súbditos”.

10 may 2013

AGE pide a elaboración dun plan específico de inspección das grandes fortunas


Alternativa Galega de Esquerda (AGE) presentou unha Proposición non de lei no Parlamento de Galicia na que se insta á Xunta ao cumprimento do Plan Xeral de control tributario e a inclusión dun plan específico e preferente de inspección dos grandes patrimonios e grupos económicos para a comprobación, investigación e inspección tributaria da realización de operacións mercantís e transmisións patrimoniais que puideran ter a finalidade fraudulenta de minorar o pago de impostos, en especial o de Patrimonio e de Transmisións patrimoniais.

O voceiro de AGE, Xosé Manuel Beiras, destacou en rolda de prensa o nulo esforzo por parte dos gobernos do PP por combater o fraude fiscal mentres que reclama paciencia aos cidadáns e os ataca con continuos recortes. “Se rexeitan a iniciativa e non levan a cabo un plan de control tributario das grandes fortunas, quedarán sen escusa para dicir que non hai posibilidade de incrementar os ingresos” 

8 may 2013

Anova chama á participación na xornada de folga no ensino o 9 de maio


Anova fai un chamamento á participación na folga xeral no ensino, convocada para o 9 de maio en protesta pola LOMCE, unha lei inxusta, sexista, centralista e antidemocrática.
Dende Anova, reafirmamos o noso compromiso co ensino público, universal, de calidade e gratuíto. Porque sen igualdade de condicións de acceso ao ensino non hai igualdade real nin hai liberdade de pensamento. Ensino público é, polo tanto, democracia real.

1 may 2013

Empresa da familia de Louzán gaña medio millón da Deputación


Os seus camións están nunha finca de Ribadumia na que cea a miúdo a cúpula do PP, incuído Rajoy. A construtora logra tantas contratas que varias veces a Deputación de Pontevedra admitiu no BOP que non lle podía alugar máis camións porque xa os tiña todos traballando para a propia Deputación. "Todo está legal".
 


Áridos de Curro S.L. (Aricur) recibiu da Deputación de Pontevedra máis de 502.000 euros nos últimos
seis anos. O administrador único da empresa, segundo se pode comprobar no Rexistro Mercantil, é Juan Luís Abal Piñeiro, primo segundo do presidente da Deputación, Rafael Louzán Abal (PP).


Aricur gañou 15 adxudicacións neste tempo, varias delas mediante concursos sen publicidade ou a través da prolongación das contratas. As adxudicacións a Aricur son tan constantes que polo menos dúas veces a Deputación tivo que admitir no seu propio Boletín (BOP) que non lle adxudicaba máis
contratos á constructora porque Aricur xa lle alugara todos os seus camións á propia Deputación.

Versión da Deputación

Consultada a Deputación sobre estes feitos, fontes oficiais explicaron que "todo o relacionado con Áridos de Curro está legal". As mesmas fontes admiten que hai unha relación "familiar" entre Louzán e a empresa, relación que cualifican, iso si, de "moi, moi lonxana".


Ademais insisten en que Áridos de Curro xa traballaba para a Deputación antes de que Rafael Louzán fose presidente. Os voceiros oficiais defenden a legalidade dos procedementos nesa administración até o punto de invitar a todos os medios a consultar calquera expediente.


"O Atranco", merendeiro do PP e garaxe para a Deputación

Os dous primos, Abal Piñeiro e Louzán Abal, manteñen unha boa relación. Juan Luís Abal é quen tramita os permisos administrativos para a finca "O Atranco" en Ribadumia. Cando Mariano Rajoy comezou o seu veraneo o último agosto, Louzán (presidente do PP de Pontevedra) invitouno a el e a cúpula do PP galego a cenar na finca do seu primo segundo, tras dar un paseo pola beira do Umia ao
que convocaron á prensa.

En realidade as cenas da elite conservadora na finca do primo de Louzán son frecuentes. Está situada ao pé do Río Umia, por cuxa beira a Deputación inagurou un paseo fluvial hai uns meses.

A ruta discurre todo o camiño pola banda esquerda do río. En Ponte Cabanelas, xusto cando a ruta chega ao Atranco, a Deputación decidiu que o sendeiro pase á beira dereita, evitando finca de Abal Piñeiro.

Por petición de Abal Piñeiro, en 2010 a
Deputación de Pontevedra autorizoulle ao Atranco un embarcadeiro. O Boletín Oficial de Pontevedra especifica que a obra non debe "impedir o paso pola zona de servidume". Porén, podese comprobar que toda finca está valada, violando a liberdade de paso que a Lei fixa para a beira de todos os ríos. De feito, a finca non só ten unha cancela todo ao redor, senón tamén está vixiada con cans e cámaras de seguridade.

Que xustifica tal vixilancia no Atranco, que está a uns centos de metros da casa natal de Louzán, ademais das cenas cos líderes do PP? Podese comprobar que na finca gárdase maquinaria de obra que, segundo fontes da oposición, traballa en contratas da Deputación de Ribadumia, parte dela propiedade de Aricur.

Todos os anos a Deputación aluga unha pala e dous camións a Aricur

Estas son adxudicacións a Aricur, a empresa do primo segundo de Louzán, nos últimos sete anos, a cuxa documentación accedeu Galicia Confidencial. Os prezos están sen IVE. A suma global con IVE supera os 502.000 euros:

En 2006 Aricur recibiu 7.000 euros polo aluguer dunha pala, 5.600 polo alugamento dun camión e outro 10.500 euros polo alugamento doutro camión. Estas contratas fixéronse sen un concurso de seu. Como outras 59 adxudicacións, a Deputación tramitounas "ampliacións" dun concurso anterior, que esta Administración prolongou porque estimaba que se lle estaban a agotar as horas alguadas e os subministros para obras.

O 2 de xaneiro de 2008 Aridos de Curro era unha das máis beneficiadas polos 47 lotes nos que a Deputación decidiu dividir o subministro para as súas obras. Así fíxose con 22.400 euros polo aluguer dun camión, 28.000 polo aluguer dunha pala e 21.000 polo aluguer doutro camión.

Non se fixo con outro lote para alugar un camión simplemente porque Aricur non lle quedaban ningún máis.

"Declárase deserto o lote número 37 correspondente ó aluguer de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm., debido a que as empresas que presentaron proposicións económicas ó mesmo, José Rubén Rozados e Hijos, S.L., Áridos de Curro, S.L. (ARICUR) e Transportes Ramón Abal Abal, xa resultaron adxudicatarias de outros lotes e non dispoñen de máis vehículos destas características", di a Resolución.

É dicir, de todas as empresas con camións da provincia de Pontevedra só se presentaron a ese lote tres empresas con tan poucos camións que se lle esgotaron porque a Deputación xa llos contratara todos antes.

En setembro de 2008 a empresa da familia de Louzán facíase con máis de 37.500 euros polo aluguer de 500 horas dunha máquina retro-excavadora para a Deputación. A documentación oficial explica que foi unha "Resolución Presidencial", é decir unha iniciativa do propio Louzán, quen mandou pedir prezo unciamente a Aricur e a outras dúas empresas (Alfonso Mouriño Ameal e Áridos y Saiar). As dúas compañías con Aricur son das que acostuman a traballar para a Deputación, de feito Alfonso Mouriño tamén é hoxe un dos maiores contratistas da Deputación tras botar anos traballando como obreiro nas súas contratas.

En xullo 2088 a Deputación xa lle contratara 25.500 euros de material de obra polo mesmo procedemento sen prublicidade. Unha "Resolución" de Louzán mandara pedir prezo solamente a Aricur, Alfonso Mouriño Ameal e outra das empresas beneficiadas en anteriores obras, Álvaro Piñeiro Chaves.

En 2009 Aricur faise con 23.000 euros por alugar un camión, 28.000 pola pala e 21.000 polo outro camión.

En 2011 a Deputación dividiu en 71 lotes o alugueiro de maquinaria e subministro de materiais. Aricur apaña desta volta 27.800 euros polo alguer dunha pala, 21.700 polo alugueiro dun camión e 23.000 polo alugueiro doutro camión. Ao igual que en 2008, a empresa do Primo de Louzán non gaña outro lote porque xa non tiña máis camións que alugar.

Concurso sen publicidade hai uns meses

Por último, en outubro de 2012 Aricur gaña o concurso negociado sen publicidade para ensanchar a estrada E.P. 7102 entre Serapio e Portelo, en Cercedo. A Deputación só lle pediu prezo á firma da empresa de Louzán e a Canalizaciones y Construciones Salnés e Construcciones Eiriña.

O concurso non saíu publicado en ningures. Este xeito de adxudicar é unha vía legal pero opaca, que as administracións só poden usar para contratos menores, urxentes ou cando hai poucas empresas capacitadas para facer o traballo. Ningunha destas circunstancias concurría a priori na ampliación dunha estrada comarcal. Aricur ingresou 124.000 euros por esta obra.

Unha rede de pequenas constructoras vive case exclusivamente da Deputación

De acordo aos boletíns oficiais, Aricur non ten ningunha outra contrata con administración algunha que non seña a Deputación de Pontevedra. Non é un caso excepcional, pois ducias de pequenas empresas de obras da provincia, a maioría baseadas na Comarca do Salnés que viu nacer a Louzán, traballan case exclusivamente para a Administración que preside o ex-concelleiro de Ribadumia.

O motivo deste continúo orballo de contratos é que a Deputación non licita todo o seu parque móbil ou subministros nun gran lote por varios anos, o que lle permitiría aforrar. Polo contrario, o parque móbil e os subministros divídense en ducias de lotes case idénticos cada ano -as veces máis de 70 nun só exercicio.

Isto permite que dende hai lustros un grupo de empresas da construcción de Pontevedra subsista en exclusiva das adxudicacións recurrentes da Deputación. Aricur é só unha delas.

Fonte: Galicia Confidencial