8 mar 2013

CHARLA INFORMATIVA S.O.S. SANIDADE PÚBLICA, MARTES 12 DE MARZO ÁS 20,30H CASA DA CULTURA DE DENA - MEAÑO



SOS SANIDADE PÚBLICA, NA DEFENSA E MELLORA DA SANIDADE PÚBLICA
A política sanitaria da actual Xunta de Galicia está a deteriorar e facer inviable economicamente o sistema sanitario público galego como paso previo a súa privatización.
Co argumento de que a crise económica obriga a reducir gastos e a buscar apoio no sector privado, a Consellería de Sanidade tomou dúas importantes decisións que supoñen un punto de inflexión para o futuro da sanidade pública galega:
Reducir o orzamento sanitario, especialmente os capítulos de investimento, que perdeu 26 millóns de euros (30% do mesmo), e do gasto corrente destinado a garantir o funcionamento, que perdeu 22 millóns.
Dar entrada ao capital privado no financiamento e xestión das novas infraestruturas sanitarias recorrendo a Colaboración Público-Privada (PFI ou Concesión de Obra Pública) seguindo o exemplo das Comunidades Autónomas de Valencia e Madrid, onde tamén goberna e Partido Popular.

4 mar 2013

O Grupo Local de ANOVA en Meaño denuncia o “despilfarro” que se está a facer no proxecto Pousadas do Salnés.





Critica que os fondos destinados a “hoteis” non se adiquen a promoción turística real, a creación de emprego ou a cubrir outras necesidades que ten o Concello de Meaño.


Na comarca do Salnés a tasa de paro achégase perigrosamente ao 30% da poboación activa. Segundo a última estadística en Meaño hai 710 persoas en situación de desemprego, moitas xa sen ningún tipo de prestación e dependendo das súas familias e de prestacións sociais.  Cando damos unha volta pola área industrial de