29 abr 2013

Beiras cre que o "rebentón social" se producirá antes do remate da lexislatura

O voceiro de Anova vaticina que o rebentón social non permitirá rematar a lexislatura galega nin a estatal. Sobre vindeiros procesos electorais, avogou por "unha fronte ampla popular" para derrotar ao PP, "ventrílocuos do gran poder do capital bancario". En declaracións á Cadena Ser, Xosé Manuel Beiras augurou que haberá un rebentón social nesta lexislatura. Preguntado sobre as peticións de desculpas ou da súa dimisión por parte do PP, Beiras sinalou que "quen deben dimitir son eles".
"Por cousas moito máis pequenas se dimite en Europa e aquí, o que teñen que hacer é aclarar absolutamente as cousas, pois este señor (Feijóo) está desprezando absolutamente á cidadanía". En canto a vindeiros comicios, Beiras sinalou que cómpre replantexar a fórmula exitosa de AGE de xeito aberto para que se poida "ampliar o espectro". "Mentras dure a lexislatura, aí estaremos" - sinalou -, e "se o facemos ben" como se está a facer, alimentará a configuración dunha "fronte ampla popular" que permitirá derrotar ao PP "aínda que reduza os deputados a 61". Sobre isto, Beiras acusou ao PP de fabricar unha "cortina de fume" coa proposta de reducción de escanos na Cámara galega para esquivar a crise política aberta polas fotos de Feijóo co narcotraficante Marcial Dorado.

27 abr 2013

As empresas de Marcial Dorado recibiron 157.000 euros dos gobernos de Fraga

Ás cinco e media da tarde dun venres, en plena treboada posterior ao anuncio dos novos recortes aprobados no Consello de Ministros e dúas horas antes do Comité Nacional do PSdeG. Este foi o escenario elixido polo Goberno galego para remitirlles aos medios de comunicación unha relación de contratos e axudas formalizados coas empresas do narcotraficante Marcial Dorado "nos últimos vinte anos" ou, o que é o mesmo, a resposta á pregunta formulada no Parlamento por AGE, a mesma que, segundo Alberto Núñez Feijóo, "non merecía" a coalición que encabezan Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz. Nun comunicado de cinco páxinas no que o Executivo centra os seus esforzos en insistir en que "a maior axuda pública" que recibiron estas empresas foi do bipartito é posible concluír que os gobernos de Manuel Fraga lles achegaron máis de 157.000 euros. Á marxe do contido político do documento publicado pola Xunta, no que se salienta, por exemplo, que "as lexislaturas nas que menos diñeiro recibiron" estas compañías "foron as tres nas que Alberto Núñez Feijóo formou parte do Consello da Xunta", o comunicado do Goberno permite coñecer, por exemplo, que en 1995, ano no que están datadas as fotografías publicadas por El País do actual presidente no iate de Dorado, unha das súas empresas, Mitulo, recibiu 28.297,37 euros para a "construción dun barco auxiliar" para a Consellería de Pesca. No mesmo exercicio económico, ademais, recibiu dúas axudas á contratación dende a Consellería de Familia, Muller e Xuventude por importe de 3.667,81 euros, para a empresa Xatevín, e 7.335,62, para Efectos Navales Arousa. Nesa lexislatura (1993-1997) os pagamentos chegan a un total de 96.709,39 euros. A seguinte lexislatura con Goberno do PP con máis cartos para estas sociedades foi a que transcorreu entre 1997 e 2001, con 54.209 euros repartidos en dous contratos -construción de tres bateas por 50.845 eurs e "modernización" dun barco auxiliar por 1.560,35- e en novas axudas á contratación, neste caso para a Inmobiliaria Marli por 1.803,04. Esa mesma inmobiliaria foi a destinataria das axudas ás que se aferra o actual presidente para trasladar o foco do conflito cara ao bipartito. No ano 2007 a Consellería de Industria achegoulle 125.097 euros, pero para "compensar danos por inundacións do mes de novembro". O bipartito tamén lle concedeu dúas axudas máis, para "fomento da propiedade industrial" por 3.955,20 e 2.746,90 euros, pero non realizou contrato ningún con estas empresas. Onde si se atopan novos contratos é na VIII Lexislatura, a primeira con Feijóo como presidente. Por 5.110,17 euros a Consellería do Mar formalizou seis contratacións para realizar "un estudo de viabilidade de repoboacións de rodaballo", "accións de investigación de minicriadoiros", "accións de investigación en cultivos multitróficos e en melloras do deseño e control de repoboación ollomol, rodaballo", 2estudos e gastos menores repoboación rodaballo e lumbrigante", "proxecto de investigación Iberomare" e "gastos de repoboación de especies mariñas". Os seis contratos foron coa mesma empresa, Efectos Navales Arousa.

26 abr 2013

O paro esta xa fora de todo control.

O paro esta xa fora de todo control. Onte publicáronse as cifras de Paro en España. Os datos son demoledores . 6.202.000 parados no estado español. 287.400 parados en Galicia. Por provincias galegas, temos que os malos datos os encabeza precisamente a provincia de Pontevedra, que con 109.700 parados, chega a unha taxa do 24,87% de parados sobre a poboación activa. Séguelle en porcentaxe de paro, Ourense, cun 23,99% de paro e 32.300 persoas en paro, Logo Lugo, cunha taxa 20,84% e 31.600 parados e finalmente A Coruña, que ten unha taxa de paro do 20,38%, poñéndose nos 113.800 parados. Pero hai máis datos negativos. En Galicia 93.000 fogares teñen a todos os seus membros en paro, 12,5% máis que fai un ano. Estas cifras e as declaracións do ministro De Guindos deste mediodía onde deixou claro que o Partido Popular desiste de que se vaia a crear emprego o longo desta lexislatura, deixan claro que tanto as políticas económicas do PP como a súa reforma laboral non solo non conseguiron ningún tipo de mellora na situación das persoas que viven neste país, en especial das que sofren o drama de non encontrar traballo, se non que esta situación non vai mellorar como mínimo en tres anos. Chama a atención en Galicia que as cifras de paro mais alto sexan as da provincia de Pontevedra e de Ourense, núcleos duro do poder do Partido Popular, de tal xeito que cada dia queda máis claro, para a desgraza da cidadanía deste país, que o Partido Popular, alí por onde pasa, arruínao todo, menos os petos dos seus dirixentes.

24 abr 2013

Xosé Manuel Beiras acusa ao PP de ter “unha visión totalitaria do poder”

Xosé Manuel Beiras acusa ao PP de ter “unha visión totalitaria do poder” e de darlle a volta á democracia ao se negar a responder á oposición. “Nós solicitamos a dimisión do señor Núñez”, expón o portavoz de Alternativa Galega de Esquerda, “e veñen eles e queren controlar a oposición no canto de explicar o que se lles pregunta”
Xosé Manuel Beiras, portavoz de Alternativa Galega de Esquerda, acusa ao PP de ter “unha visión totalitaria do poder”. “Somos nós, a oposición, os que estamos solicitando explicacións do presidente da Xunta, somo nós os que solicitamos a súa dimisión pola súa falta de ética e asúa querenza pola mentira”, explica, “e veñen eles, a dereita, darlle a volta á democracia e a esixir a dimisión da oposición”. Non só iso, o señor Núñez volveu ofrecer un recital de silencios estrondosos sobre o que se lle preguntaba, detalles da súa amizade co contrabandista e narcotraficante Marcial Dorado.
Aínda se fixo, co seu grupo, a vítima cando Beiras se achegou ao seu escano para lle esixir “decencia”.

20 abr 2013

O GRUPO LOCAL ANOVA DE MEAÑO DENUNCIA O INCUMPRIMENTO DA REANUDACION DAS OBRAS DA ROTONDA EN A CHANCA


     Desde Anova-Meaño queremos denunciar que as obras da rotonda da Chanca (Dena) están paradas despois de que a alcaldesa anunciara no pasado pleno que se retomarían esta semana. A semana está a prácticamente rematada e as obras seguen paradas.
     Desde Anova-Meaño parécenos unha falta de seriedade a pasividade do concello neste asunto, onde as obras están a implicar un aumento da perigosidade dun tramo urbano de alta densidade de tráfico, aparte dunha deficiente sinalización e iluminación.
     Desde Anova-Meaño esiximos que se retomen as obras canto antes e que se a empresa adxudicataria Sercoysa, non o pode rematar as obras  por estar en concurso de acredores, e despois de que se paralicen cada tres por catro ,que o concello xestione coa Xunta, para que outra empresa  remate unha obra que esta causando moitas molestias os veciños durante xa case un ano,  que non pase como nas obras do nó do Pino en Pontevedra, que a empresa Oca non rematou e que agora a nova empresa adxudicataria Sacyr nin sequera teñen unha data concreta para retomar estas obras