4 mar 2013

O Grupo Local de ANOVA en Meaño denuncia o “despilfarro” que se está a facer no proxecto Pousadas do Salnés.





Critica que os fondos destinados a “hoteis” non se adiquen a promoción turística real, a creación de emprego ou a cubrir outras necesidades que ten o Concello de Meaño.


Na comarca do Salnés a tasa de paro achégase perigrosamente ao 30% da poboación activa. Segundo a última estadística en Meaño hai 710 persoas en situación de desemprego, moitas xa sen ningún tipo de prestación e dependendo das súas familias e de prestacións sociais.  Cando damos unha volta pola área industrial de
padrenda podemos ver varias naves pechadas e empresas que teñen presentado EREs.   E evidente cal é a nosa principal preocupación e tamén a dunha gran maioría dos veciños do noso Concello.

Ao mesmo tempo, os que coñecemos e vivimos neste Concello podemos comprobar o mal estado de conservación e deterioro no que están moitos emprazamentos emblemáticos do mesmo.  Falamos por exemplo do mirador de San Cibrán ou da litoral de Dena, coas Telleiras que se atopan totalmente abandonadas.

Por eso dende a agrupación local de ANOVA – Irmandade Nacionalista no Concello de Meaño non podemos entender nin o “despilfarro” de cartos que está a facer a Diputación construindo hoteis de 4 estrelas con fondos da Unión Europea destinados a desenrolo rural (FEDER), nin a “complacencia” do Concello de Meaño con esta idea….

Informándonos un pouco a nosa perplexidade vai en aumento, ao tempo que a indignación de ver como se poden dispoñer de fondos europeos en proxectos de máis que dúbidosos resultados.

O proxecto “Pousadas do Salnés” tiña un orzamento inicial de máis de 9,5 millóns de euros (que nestes momentos está totalmente sobrepasado, achegándose xa aos 15 millóns). Basicamente constaba dunha parte de recuperación do patrimonio arqueolóxico, contra a que non temos nada que obxectar, ao contrario apoiamos, pero o groso era a construcción de 4 “pousadas”, unha delas en Cobas (Meaño) por un total de 2.750.000 €. Este investimento e o que queremos criticar, xa que non entendemos coas necesidades existentes, como unha institución pública pode construir hoteis, adémais en clara competencia desleal coa hostelería e casas rurais, para logo “ceder” a xestión a unha sociedade privada que se lucrara cos diñeiros, ao fin e ao cabo, aportados por todos. 





A indignación vai en aumento cando se comproban como moitas das partidas de gasto deste proxecto foron destinadas a publicidade e propaganda (por un total de 117.145 Euros) a pagar “publireportaxes” (12.000 euros) ou a “azafatas” (12.600 euros). Non podemos deixar de preguntarnos se estes gobernantes son “insensibles” e so pensan na súa promoción persoal? Ou será que non coñecen as necesidades e realidade dos Concellos nos que residen??.

Non estarían mellor parte destes case 3 millóns de euros que costa a pousada de Cobas, destinados por exemplo a dotar a Meaño dun Centro de Día para a terceira idade real e con todos os servizos (non simplemente un local social que é o que existe actualmente), a crear iniciativas empresariais para a creación de emprego, apoiar aos autónomos e persoas que queren traballar na agricultura ou viticultura ou, no caso de querer realmente, promover o turismo, destinar só unha parte destes fondos a recuperar e por en valor a franxa litoral e as telleiras de Dena…

Ao noso entender esa debería ser o traballo das institucións e do Concello de Meaño, e non adicarse únicamente a decir “amén” e aplaudir porque a Deputación queira construir un hotel, por certo nos terreos cedidos polo Concello, para beneficio única e exclusivamente privado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario