Desde Anova-Meaño queremos
denunciar que as obras da rotonda da Chanca (Dena) están paradas despois de que
a alcaldesa anunciara no pasado pleno que se retomarían esta semana. A semana
está a prácticamente rematada e as obras seguen paradas.
Desde Anova-Meaño parécenos unha
falta de seriedade a pasividade do concello neste asunto, onde as obras están a
implicar un aumento da perigosidade dun tramo urbano de alta densidade de
tráfico, aparte dunha deficiente sinalización e iluminación.
Desde
Anova-Meaño esiximos que se retomen as obras canto antes e que se a empresa
adxudicataria Sercoysa, non o pode rematar as obras por estar en concurso de acredores, e despois
de que se paralicen cada tres por catro ,que o concello xestione coa Xunta,
para que outra empresa remate unha obra que esta causando moitas molestias
os veciños durante xa case un ano, que non pase como nas obras do nó do Pino
en Pontevedra, que a empresa Oca non rematou e que agora a nova empresa
adxudicataria Sacyr nin sequera teñen unha data concreta para retomar estas
obras
No hay comentarios:
Publicar un comentario